El pasado 16 de julio el periódico gallego G24.gal publicaba en su página web el exitoso traslado de la pequeña Ibrahima, que volvió a casa tras recuperarse de una cardiopatía:
“Contento e completamente recuperado marcha Ibrahima para a súa casa cos seus seus. Chegou á Coruña procedente de Togo a finais do mes de xaneiro para ser intervido dunha cardiopatía. Recuperouse moi rápido, o 3 de marzo xa lle deron a alta médica”, di Ana Linda, a súa nai de acollida.
Por mor do coronavirus, Ibrahima permaneceu case tres meses máis do habitual na cidade herculina. Houbo que agardar para que a viaxe de regreso fose segura. E malia ser tan pequeno e estar tanto tempo separado dos seus pais, adaptouse a todo sen problema. “O confinamento foi moi doado. É un neno moi valente e moi intelixente”, engade Ana Linda.
Todo isto foi grazas ao cariño e á xenerosidade de Ana Linda e Manu. Pero tamén á oenegué Terra de homes a través do seu programa Viaxe cara á Vida.
Agora Ibrahima ten que regresar ao seu país africano. El é un dos 110 nenos africanos que nos últimos 14 anos viaxaron a Galicia con Terra de homes para ser intervidos e mellorar a súa calidade de vida”